Infantil
A Educación Infantil é a etapa educativa que atende a nenas e nenos desde o nacemento ata os seis anos coa finalidade de contribuír ao seu desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual. Está formada por dous ciclos educativos de tres cursos académicos cada un.
Na segunda etapa de Infantil, o colexio dispón de 6 aulas coa seguinte distribución:
· Dúas aulas para nenos de 3 anos
· Dúas aulas para nenos de 4 anos
· Dúas aulas para nenos de 5 anos
Froito da experiencia de xa 50 anos o ensino en infantil é bilingüe. Cada clase está a cargo dun profesor/a titor/a que imparte a maioría das materias curriculares: a psicomotricidad, a música e a expresión plástica están a cargo de mestras especialistas. O departamento de orientación colabora estrechamente na actividade docente desta etapa.
A formación que impartimos vai máis aló do estrictamente académico; formando ao noso alumnado no respecto aos dereitos dos demais e no exercicio da tolerancia, dentro dos principios democráticos de convivencia. Creemos na importancia de formar persoas libres e felices, maduras e responsables, capaces de facer uso do seu xuízo crítico para afrontar os retos da sociedade actual. Ademais facilitarase que os nenos/as elaboren unha imaxe de si mesmos positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.
Os contidos educativos organízanse en áreas correspondentes a ámbitos propios da experiencia e do desenvolvemento infantil e abórdanse por medio de actividades globalizadas que teñan interese e significado para os nenos.