Actividade: Vela

Os alumnos/as da actividade extraescolar de vela comezaron este pasado venres unha actividade que promete achegarlles moitas experiencias náuticas. A pesar de que o tempo estaba anubrado os 16 acudiron á súa clase cheos de ilusión e emocionados nos barcos. Os monitores coméntannos que teñen bo nivel que esperan poder ensinalos moito nestes tres meses. Os alumnos que queiran anotarse aínda están a tempo. A actividade desenvólvese aos venres, no Real Club Náutico de Vigo entre as 16:30 e as 18:30 h. Máis información no teléfono de coordinadora 605788071