Festa Voz Natura

 

Estimados pais e nais:

 

              Este curso a nosa escola estivo inmersa no programa de educación medioambiental “Voz Natura”  co proxecto “Raizame” e que ten como obxectivo implicar a comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da nosa natureza.

 

             Mestres e alumnos, o longo destes meses, acometeron traballos encamiñados a recuperación, reutilización, reciclaxe e concienciación medioambiental; como despedida da 17ª edición, Voz Natura organiza unha festa que terá lugar o próximo día 7 de xuño, sábado, nas instalacións que a Secretaría Xeral para o Deporte ten en Acea de Lama, (O Burgo-Culleredo), a 6 quilómetros da cidade de A Coruña.

 

             Na festa, que comenza ás 11:00h e finaliza ás 19:30h, desenvólvense un amplo plan lúdico-recreativo, con actividades deportivas, xogos, obradoiros e unha exposición dos traballos dos 306 centros inscritos no programa.

 

             A entrada ao parque é libre e a participación en todas as atraccións e talleres gratuita. Ademáis, instalaranse pulpeiras e postos de comida e bebida nos que, previo pago, poderedes xantar e merendar no caso de que optedes por non levar os alimentos de casa. Tamén dispoñedes de amplas zonas verdes de descanso para gozar dunha comida campestre.

 

              Dende a Escola facémosvos extensiva a invitación para que todas as familias que o desexen acodan a este evento xunto cos milleiros de nenos e nenas de todos os recantos de Galicia.

 

              Nesta ligazón tedes a información sobre esta Festa.

 

http://www.voznatura.com/fiesta/index.php?idseccion=11

 

 

                                                  O Equipo Directivo