Grazas Graeme

 
Hoxe é un día moi especial, sobre todo para Graeme pero tamén a Escola. Case corenta anos de traballo e adicación ao Rosalía, milleiros de nenos e nenas que disfrutaron das súas clases de inglés, dos seus consellos, dos seus agarimos e dos seu espírito positivo. E para os que compartimos sala de profes e aprendimos da súa experiencia, para os que disfrutamos da súa aportación e da súa conversa tamén é un día especial. Alegría por el, para que disfrute dun merecido retiro e tristura por nós porque o botaremos de menos.
 
 
Grazas Graeme.