Visita de Pablo Muñoz

 
Esta semana tivemos a oportunidade de disfrutar da visita dun antigo alumno do Rosalía, Pablo Múñoz,  que é hoxe con trinta e tres anos, o xuíz de Primeira Instancia e Instrucción do xulgado nº 1 de Viveiro (Lugo). Durante unha hora Pablo estivo achegando aos alumnos de 6º de Primaria diferentes aspectos do seu labor profesional, cómo se chega a ser xuíz, os sacrificios persoais e a adicación que iso require e en qué consiste agora o seu día a día.
 
Un interesante encontro para os nenos por canto tiveron ocasión de preguntarlle moitas cousas, algunhas moi acertadas:  qué é levantar un cadáver? Que é pinchar un teléfono? Qué fai un xuíz de garda? Qué fai un médico forense? ...
 
Asi mesmo Pablo quixo transmitir a enorme importancia de usar a internet con cautela extremando a sensatez e o coidado, para que sexan conscientes dos perigos que encerra se non se fai unha utilización responsable.