Semana polo Clima
Martes, 24 Setembro 2019 10:21
Prezadas familias:
Esta semana, dende o Departamento de Ciencias Naturais, queremos concienciar ao noso alumnado sobre a problemática global en relación ao Cambio Climático e para iso pedímosvos a vosa colaboración.
Cada día dedicaremos uns minutos a unha acción ou xesto que será traballado con antelación na aula coa finalidade de concienciar aos máis pequenos de que o futuro do planeta está nas nosas mans.